Sentín cambiar
a miña composición molecular
cando me bicaches a primeira vez
Sentín cambiar
Sabías a sal
Es muller de mar
Nótocho ben na pel
E nótase ben no ar
Ás veces os teus ollos
semellan o faro máis claro abríndose paso
entre néboas marítimas
na Costa da Morte
E ti, coma un cormorán
voas máis alto que ninguén
E ti, buscando unha onda en Nigrán
en simbiose natural co mar de alén
Quero ser a escuma
que che bique os pés na ribeira
Quero ser o bafo
que te envolva o pescozo na bahía
Quero ser auga fría, calma,
de cando rompe o día
co ceo caneco de cores cálidas
ás veces teus ollos
semellan o faro máis claro abríndose paso
entre as néboas marítimas
na Costa da Morte
E ti, coma un cormorán
voas máis alto que ninguén
E ti, buscando unha onda en Nigrán
En simbiose natural co mar de alén
Released in 2001, “The Convincer” is a gentle gem in the Nick Lowe catalog; an anniversary edition provides opportunity for rediscovery. Bandcamp New & Notable Sep 20, 2021
Avi Buffalo had a hand in producing this cassette of Lowpines' serene, self-described "Lo-fi-Anglo-Americana pop songs." Bandcamp New & Notable Feb 28, 2016