We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

D​í​as rosas

by Dani Cornes

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Días rosas 03:04
cos pés colgando do teu lado dos cantís o reflexo das túas lentes debuxa o sol no meu perfil se algo hai máis ao norte es ti, es ti cos pés na area na praia negra boreal recordos dos días rosas tinguidos de risa estomacal se algo hai máis ao norte es ti, es ti interludio musical se algo hai máis ao norte es ti, es ti
2.
O teu baile 03:19
quixera voltarte mollar as pálbepras ca lingua namentres a lúa minguante esvaece por non mostrarlle aos veciños de enfronte este espectáculo tan quente os teus ollos semellan transparentes abre a boca e ensina os dentes quero que me mordas tan forte que me doa saca xa esa roupa interior de avoa quero que me quites as cores da cara non deteñas o teu baile ata que diga para quixera voltarche dicir que nunca tiven unha primeira vez así sempre foron moi inferiores a ti quixera que o bafo voltase a ser un obstáculo nas lentes os teus ollos semellan transparentes abre a boca e ensina os dentes quero que me mordas tan forte que me doa saca xa esa roupa interior de avoa quero que me quites as cores da cara non deteñas o teu baile ata que diga para
3.
Ía elegante Paraba nos cemiterios Roubando os ramos Máis caros Extravagante Un Buddha moito máis serio Rodeado De misterio Non sei que viu Naquel señor Aquela rapaza Moito menor Quizáis vise algo Que non está no exterior Ía dourada Ata as axilas Vestiuse de vella Ou iso semella Máis que pintada Parecía tatuada Tacóns estiletes As pernas, filetes Non sei que foi Daquel señor Que casou ca meniña do Val Miñor Quizáis a ela Lle vaia moito mellor
4.
Fogueiras 04:35
Agora somos volátiles Coma os eucaliptos invasores Xa non somos tan fráxiles Pero tampouco somos xustos vencedores Somos o incendio mediocre Xa non fuximos das lapas Que queiman as pestanas estando lonxe do lume Vese que somos máis hábiles Pero agora non me enganas, aínda toses co fume Vaia mala costume Ti máis eu imos arder coma o sol no ceo do verán Ti máis eu imos arder coma fogueiras na noite de San Xoán Tantos corpos na area Espantando meigas imaxinarias Bebemos pingas da garrafa Estando xa baleiras e solitarias Somos persoas temerarias Ti máis eu imos arder coma o sol no ceo do verán Ti máis eu imos arder coma fogueiras na noite de San Xoán Aínda así Non seremos libres Da bruxaría Moderna Aínda así Non seremos libres Na romaría Eterna Ti máis eu imos arder coma o sol no ceo do verán Ti máis eu imos arder coma fogueiras na noite de San Xoán
5.
Labirinto 03:58
Atópome no interior Dun labirinto moi cruel Estou tan lonxe do centro Vou pedirlle axuda ao Señor! Non non non non Entrelazándome os finais Destes camiños sen fin Non sei seguir non teño máis Azos para existir Non non non non Para existir Que ves a través dos meus ollos de vidro? Descríbeme a lápida do ditador A transición non funcionou Como quixo o ministro Escóndete será mellor Non teño que escoitar os susurros do bosque Se firen coma estacas cando voan as frechas Non quero escoitar os berros do monte Se arden as capelas e afunden as gamelas Non teño que escoitar os susurros do bosque Se firen coma estacas cando voan as frechas Sinto a presenza dun cambio radical Nós non decidimos o rumbo universal
6.
Cormorán 04:28
Sentín cambiar a miña composición molecular cando me bicaches a primeira vez Sentín cambiar Sabías a sal Es muller de mar Nótocho ben na pel E nótase ben no ar Ás veces os teus ollos semellan o faro máis claro abríndose paso entre néboas marítimas na Costa da Morte E ti, coma un cormorán voas máis alto que ninguén E ti, buscando unha onda en Nigrán en simbiose natural co mar de alén Quero ser a escuma que che bique os pés na ribeira Quero ser o bafo que te envolva o pescozo na bahía Quero ser auga fría, calma, de cando rompe o día co ceo caneco de cores cálidas ás veces teus ollos semellan o faro máis claro abríndose paso entre as néboas marítimas na Costa da Morte E ti, coma un cormorán voas máis alto que ninguén E ti, buscando unha onda en Nigrán En simbiose natural co mar de alén
7.
Karma 0700 04:46
pensaches xa en deixar o traballo? meter o fouciño noutro lado? pensaches xa en deixar a cervexa? ou irte do bar cando hai pelexa pensaches xa en abandonar este navío? tiralo todo á merda e sumerxirte no río non quero darche a lata pero saíuche o tiro polo cubata non quero darche a lata pero saíuche o tiro polo cubata cres que non vou a ceder? reconstruírme e botarme a perder? cres que non vou estoupar? son unha bomba nuclear! pensaches xa en abandonar esta experiencia? deixar a relixión a un lado e crer na ciencia? non quero darche a lata pero saíuche o tiro polo cubata non quero darche a lata pero saíuche o tiro polo cubata Teño que reafirmar A sobriedade está sobrevalorada Falamos coma os tolos Berrando moito, sen dicires nada
8.
érgome ás catro aínda sigo borracho da noite anterior dame ibuprofeno para curar esta dor non sei como non a palmei teño o sangue pleno de licor café do malo venres de resaca sentíndome culpable comendo no Burger outra vez venres de resaca tras unha noite deplorable demostrando a miña falta de madurez fálolle aos meus preguntando detalles a partir das tres confirman a ausencia do meu razoamento o esperpento comezou ás dez teño o sangue pleno de licor café do malo venres de resaca sentíndome culpable comendo no Burger outra vez venres de resaca tras unha noite deplorable demostrando a miña falta de madurez
9.
como non? se me metes a man no meu peto e o teu índice debuxa aneis nos meus dedos como non como non vou dicir que si? cando todo o que fixen o fixen pensando en ti atravesando cidades estranxeiras os ventos de Europa berran por ti colándonos nas estacións do metro de Berlín planificando fuxidas espontáneas hoxe Santiago, mañá Madrid berrando, cando esteas lonxe lémbrate de min bicándonos na chuvia nunha noite de decembro se fósemos católicos ardíamos no inferno ensunciándonos na ducha cos veciños escoitando chegamos ata arriba e o meu ritmo vai baixando volta xa voando e devórame estes beizos hoxe están tan fríos que merecen cadaleitos non sei se estou morrendo ou se me doe este inverno ás veces se me olvida como latexaba o teu peito como non se me metes o amor máis adentro que ninguén

credits

released April 19, 2018

composto e gravado por Dani Cornes
deseño por Fer Guimeráns

license

tags

about

Dani Cornes Barcelona, Spain

26 year-old singer songwriter from O Grove, Spain.

contact / help

Contact Dani Cornes

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Dani Cornes, you may also like: